Neste apartado poderás atopar un formulario para actualizar os campos que aparecen nel en caso de producirse algunha modificación dos teus datos persoais. Desta forma a Área de RRHH poderá dispor dos teus datos persoais o máis actualizados posible e así facilitar a nosa xestión se é que precisamos pornos en contacto contigo por calquera circunstancia. Ao mesmo tempo, disporás dunha serie de impresos que deberás cubrir e enviar a través do Rexistro Electrónico no caso de que cambie a túa situación administrativa, decidas prolongar a permanencia no servizo activo ou queiras solicitarnos a xubilación porque cumpras os requisitos esixidos. Dentro de cada apartado atoparás máis información.